VARIOS CORTOMETRAJES

Cine

VARIOS CORTOMETRAJES

CINE DE NACIONALIDADES

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Deputación Provincial de Lugo (ver mapa)
  • Duración 93 minutos
  • Numerada Si

 

EL PASEO

España, 2020 - 12 minutos.
Director: Héctor Martín de las Heras.

Reparto: Juan Antonio Figueroa, Carlos Cervera.

Navarra (España), ano 1937. Dous homes camiñan polo monte un tras do outro.
O que vai detrás apunta ao primeiro
cun fusil: lévao a dar un "paseo", algo habitual naqueles tempos nos que tantos presos políticos foron sentenciados desta forma. Xa na actualidade, o descendente daquel reo busca información sobre aquel suceso concreto.

EL VESTIDO DE NOVIA

España, 2021 - 7 minutos. Director: Enrique Muñoz. Reparto: Luisa Gavasa.

El vestido de novia conta, a través do duro relato dunha muller, como foi privada de liberdade durante practicamente toda a súa vida. Un monólogo simple, sincero e directo que nos fala do amor romántico, das relacións tóxicas e déixanos sobre a mesa como de dura pode chegar a ser a vida dunha muller que sofre a violencia machista. Un potente relato baseado en feitos reais que mirará aos ollos á sociedade para exporlle preguntas e facela reflexionar sen deixar a ninguén impasible.

INTIMIDAD

España, 2021 - 11 minutos. Director: Alfonso Desentre.

Guión: Alfonso Desentre
(adaptación Raymon Carver).
Fotografía: Beltrán García Valiente .
Música: Julio Rubio.
Reparto: María José Pardo, Alfonso Desentre.

Un home de mediana idade está de paso na cidade da súa ex-muller e decide visitala. O encontro convértese nun cúmulo de reproches por parte dela, que el encaixa con aparente cinismo pero que desvela finalmente os seus sentimentos de culpa.

One-Reeler Short Film Competition L.A. (USA).

Five Continents International Film Festival (Venezuela).

Kosiçe Monthly International Film Festival (Eslovaquia).

Official Selection Baja California International Film Festival (EEUU).

Festival Internacional de Cine de Daroca (Spain).

Festival Internacional MIAX Jalisco (México).

Overcome Film Festival (USA).

Premios Simón de La Academia del Cine Aragonés – Mejor Actor.

Alfonso Desentre (Ganador) – Septiembre 2020 (SPAIN).

Premios Simón de La Academia del Cine Aragonés – Mejor Cortometraje.

INTIMIDAD (Nomimado) – Septiembre 2020 (SPAIN).

One-Reeler Short Film Competition L.A. (USA) – Honorable Mention. 

SCIOPHOBIA

España, 2020 - 6 minutos. Director: Elhot Huescar.

Reparto: Alexandra Cuba, Rodrigo Riquelme, Jorel Petra, Moha Amazian, Marco Dollenz.

Sciophobia conta a historia dunha muller nova que ten medo... Medo de volver á casa. Nas labirínticas rúas de Barcelona a medianoite, a angustia medra en cada recuncho onde cada sombra resulta potencialmente perigosa...

UNA ÚLTIMA MIRADA

España, 2021 - 6 minutos. Director: Marcos Huedo Darres. Reparto: Javier Valero Ruiz.

Andrés leva un ano e medio en Elxe despois de acabar o bacharelato. Todos os seus amigos marcharon a outras cidades para empezar a universidade; el quedou traballando para poder ir a Barcelona a estudar. O que máis lle importaba era a súa parella de entón, Laura. Ela era a moza máis especial que coñecera. Cando Laura empezou a universidade, foise ao estranxeiro e Andrés non volveu saber nada máis dela. A curta dá un paseo polos recordos que ten Andrés con Laura por todo Elxe, recordando os sitios especiais aínda que xa non os vexa da mesma maneira. O horto, o teatro, as canellas do centro, o cinema, a praia... A curtametraxe é unha carta de despedida de Andrés á cidade e os seus recordos nela.

¿POR QUÉ MIENTE LA GENTE?

España, 2019 - 13 minutos.
Director: Didac Cervera Casademont. Reparto: Carmen Machi, Sergi Cervera, Alain Hernández.

Andrea e Javi, nai e fillo, atópanse diante da porta dun hospital. Ela sofre un brote de esquizofrenia pero cre non estar enferma. El quere que entre voluntariamente. Quen gañará?

PAPÁ, ¿DIOS EXISTE?

España, 2021 - 16 minutos.
Director: Joaquín Díaz Cañabete Sahagun. Reparto: David Montero González,
Aura Elea, Luca Robledo, Jackie Montero.

Téntase abordar, de forma particular, o tema tan controvertido sobre a gran pregunta que se fai a humanidade, desde tempos inmemoriais: Deus existe? Exponse a través da curiosidade dun neno de seis anos que, coa súa inocencia, pregunta ao seu pai sobre a existencia de Deus, debido a algunhas experiencias chocantes que presenciou que o desconcertan e confunden. O pai do neno é un recoñecido reporteiro que vai a misións de “ Médicos sen fronteiras” que dedica a súa vida para viaxar a países con guerras étnicas e, debido ás atrocidades que contemplou, renega da existencia de Deus. A súa esposa é unha coñecida avogada que ten un irmán sacerdote. Aínda que o esposo representa na obra os escépticos ou non crentes e o sacerdote os católicos crentes, a esposa representa unha postura ecléctica moi interesante. Os nenos xogan un papel fundamental na obra.

EL SÍNDROME DEL ÁRTICO

España, 2019 - 14 minutos. Director: Borja Echevarría. Produtora: IMVAL.
Fotografía: Adrián Barcelona. Reparto: Jordi Aguilar, Silvia Depe, Elena Lombao, Greta Aguilar.

Zaragoza, 1983. Silvia é unha muller xovial de 38 anos que volve á súa cidade despois de máis de dous anos sen ver a súa familia. Pasou todo este tempo traballando no Ártico cun grupo de biólogos. Pero hai un motivo que a fixo volver: Coñecer á súa sobriña que xa ten máis de dous anos e é imperdoable esperar mais tempo. Ademais a súa irmá leva insistíndolle desde que a pequena naceu, como é natural. Silvia está emocionada e carga cun gran peluche coa figura dunha entrañable xirafa para a súa sobriña... Estar de novo na súa cidade e reencontrarse coa súa irmá e o seu cuñado é algo que necesitaba. Ao chegar á casa da súa irmá Luz e o seu marido Fer (ambos duns 40 anos e corte clásico), Silvia estala de alegría ao vela, pero Luz pídelle que, por favor, baixe o volume xa que a nena está durmidiña na súa habitación e hai que respectar as súas horas de soño. Silvia enténdeo perfectamente e abrázanse. Fer parece esgotado. A paternidade parece que lle está pasando factura.

NO QUIERO MÁS

España, 2020 - 8 minutos. Directora: Alicia Moncholi Lueje.

Reparto: Alicia Luehe, Yolanda Cuendias, Alicia Sánchez, Alicia Moncholi.

No quiero más fala da crueza de deixar ir os nosos seres queridos. A curtametraxe é o retrato da familia da directora na habitación dunha residencia. Un espazo no que se forma un estancamento no tempo e no que as accións se repiten. A historia cóntanos, a través da anécdota dun pastel, a negación da familia para aceptar que Alicia, a máis maior de todas, non queira seguir máis tempo loitando por vivir e por tanto queira deixar de comer. 

 

021 - Primavera Film Festiva - España.

2021 - Festival Internacional de Cine Documental - Argentina.

2021 - Festival International Cine LEBU - USA.

2021 - Festival Internacional de Cine San Luis de Potosi - México. 

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!