O GRAN CAMIÑO

Cine

O GRAN CAMIÑO

CINE DOCUMENTAL

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada Si

España, 2021 - 90 minutos. Director: Alba Prol, Raúl García. Produtora: Meteorica Cine.

Os protagonistas do documental son Alba e Raúl, dous novos cineastas galegos que viven en Santiago de Compostela. Alba leva anos pasando diariamente fronte a Catedral de Santiago e vendo con curiosidade os rostros de emoción dos peregrinos que acceden por primeira vez ao Obradoiro: as bágoas, os abrazos... Alba nunca fixo o Camiño e está chea de preguntas: Por que esa necesidade de camiñar? Que teñen en común os camiñantes das rutas máis importantes do mundo? Ten algo de especial o Camiño de Santiago ou é só un camiño máis?

Na procura de respostas, Alba e Raúl preparan as súas mochilas e emprenden unha viaxe que os conducirá desde o Xapón ata Perú e Estados Unidos así como polo Camiño de Santiago, indo ao encontro dos peregrinos. Atoparán tantas historias e motivos para camiñar como persoas e compartirán con eles vivencias e experiencias achegándoas tamén aos espectadores.

Esas historias e esas persoas son as que, pouco a pouco, lle irán revelando que as razóns para camiñar entroncan coa propia esencia viaxeira do ser humano a través da vida. Así descubrirán que, unha promesa, a necesidade de cambiar de rumbo persoal, a encomenda a un deus nunha situación extrema ou as ansias de superación, teñen o seu reflexo no gran camiño, o camiño da vida.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!