
Cine
EXERIA, A PRIMEIRA PEREGRINA
CINE GALEGO
- Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
- Duración 50 minutos
- Numerada No
EXERIA, A PRIMEIRA PEREGRINA
España, 2016-2021. Documental.
Exeria, a primeira peregrina é unha realización galega de proxección internacional gravada en cinco países, que ten como obxectivo levar o medio audiovisual á epopea histórica dunha viaxe extraordinaria antes do comezo das grandes peregrinacións a Roma, Xerusalén ou Santiago de Compostela. O documental está baseado en testemuños históricos e documentados que Exeria deixou patentes na súa Itinerarium, manuscrito en latín culto, durante a súa peregrinación desde os confíns de Hispania, na provincia romana de Gallaecia, ata Terra Santa, no século IV. O fío condutor e argumental que estrutura o guión é a figura dunha muller nova, moderna, cosmopolita, dos nosos días, que, debido ao seu interese como estudante de Historia, decide facer unha viaxe de catro mil quilómetros por Europa e Medio Oriente seguindo as pegadas de Exeria. Por medio desta moza viaxeira, saberemos de lugares tan emblemáticos da historia da Humanidade, como Montecasino (Italia) onde apareceu o manuscrito, o monte Sinaí (Exipto), o monte Nebo (Xordania) onde, segundo os relatos bíblicos, Moisés mostroulle a Terra Prometida ao pobo de Israel despois da fuxida de Exipto, os Santos Lugares (nos que Exeria tomou nota para a elaboración da liturxia pascual), destacando Xerusalén, e finalmente a colorista e sen par Constantinopla, hoxe Istambul, en Turquía, onde se lle perde a pista a Exeria.
Precio:
- Evento gratuito
Próximas sesiones:
Inicia sesión para comprar entradas
A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.
Regístrate para poder Comprar entradas
El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:
- Tener acceso a todos los eventos
- Comprar entradas con antelación
- Tener un historial de los eventos
- Compra rápidas sin esperas
- Imprimir las entradas desde tu casa
- Leer condiciones de uso