ESPECIAL GUITIRIZ

Cine

ESPECIAL GUITIRIZ

HOMENAXES

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Deputación Provincial de Lugo (ver mapa)
  • Duración 103 minutos
  • Numerada Si

 

ENTRAR AOS VILARES

Galicia, 2017 - 54 minutos.
Director: Cibrán Tenreiro.
Reparto: Veciños e veciñas dos Vilares (Guitiriz).

Tres mozos entran a unha parroquia de Guitiriz que descoñecen co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón: 1) Preguntan aos veciños tentando

comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: “Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos”.

2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.

3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distráense mirando os animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.

CINE TOMÉ

Galicia, 2020 - 49 minutos.
Director: Camelia Iglesias, Xose Antonio Arias. Reparto: Xente de Guitiriz, Parga e Baamonde.

A familia Tomé construía o cine nos anos 30, aínda que este non comezaría a funcionar ata os 40, e mantívose operativo, pasando por varios donos, ata os 70. Ao longo dese tempo, foron moitos os momentos que quedaron no recordo da xente: un pequeno incendio na sala de proxección que levou a algúns a querer saltar do galiñeiro; o público pateando no chan cando había erros na proxección -as películas, que contan que chegaban no bus, na liña de Ribadeo, tiñan moito uso e viñan deterioradas-; as "pelexas por entrar" para ver os filmes de vaqueiros, que "gustaban moito"... ata que a chegada das pequenas pantallas, entre outros factores, fixo que o público fose a menos e que Guitiriz quedase sen cine.

Estas e outras moitas lembranzas foron as que compartiron con Arias e Iglesias persoas como Carlos Tomé, familiar dos antigos donos do cine; Pepe do Capataz, que foi o operador da sala, ou Víctor Corral, que acudía dende Baamonde. Espectadores da gran pantalla que se converterán en protagonistas dela, aínda que algúns xa non estean para velo, pois as entrevistas foron feitas entre 2013 e 2014, pero as circunstancias persoais e laborais dos promotores do proxecto levaron a deixalo durante un tempo, ata que finalmente o ano pasado decidiron retomalo.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!