E Para Comer Lugo - Curtametraxes I
Agotado

Cine

E Para Comer Lugo - Curtametraxes I

E PARA COMER LUGO

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Biblioteca Provincial (ver mapa)
  • Duración 101 minutos
  • Numerada Si

I DON´T THINK IT IS GOING TO RAIN

China-España/11 minutos/VOSE.

Director: Adria Guxens.

A medida que se aproximan as festas do 1 de maio, Ling Xiuzhen e o seu neto deciden visitar Zhujiajiao, un pequeno pobo coñecido polo pescado e o marisco. Alí ela fundou un restaurante de estilo chino tradicional, que foi transferido ao seu fillo despois da súa xubilación.

Pasou xa algún tempo desde que Ling Xiuzhen visitou Zhujiajiao por última vez. Actualmente leva unha vida monótona en Shanghai, onde convive con seu ocupado neto. Porén, hai momentos nos que abandona a súa rutina para reflexionar sobre o futuro, especialmente sobre se o seu neto estaría disposto ou non a encargarse do restaurante, seguindo a tradición familiar. Ling Xiuzhen e o seu neto. Dúas cidades separadas. Dúas xeracións anhelando construír unha ponte entre elas.

 

FLATO (2019)

España/8 minutos/Castelán.

Directora: Raquel Barver.

Intérprete: Lara Sánchez.

Tras ver un documental de comida mala, unha moza queda tan impactada que decide cambiar os seus malos hábitos. Lánzase a correr, o que dispara un tropel de pensamentos que o fan cuestionar as razóns que a levaron ata alí.

 

MOIRA (2019)

España/10 minutos/Castelán.

Directora: Encarnación Prieto.

Intérpretes: Carmen Fuentes, Fredy López, Angeles Ortiz, Marisol Mata, Marisa Muñoz.

Moira é unha muller de férreos costumes, ritmo constante e mirada cadrada. Non lle gustan as sorpresas, nin os lugares cheos de xente, nin as preguntas, nin as ostras, nin mirar cara arriba…, pero na vida, ninguén pode escapar ao inesperado. Por moito que Moira se encerre nas súas rutinas solitarias, un encontro luminoso, que lle fará abrir esa mirada cara dentro e cara o mundo que o rodea, é inevitable.

 

FRITANGA (2020)

España/5 minutos/Castelán. Director: José David Díaz. Fotografía: Raúl Conesa.

Intérpretes: Javi Mena, Doncho Montero.

Despois dunha noite romántica Manuel cociña mentres Alberto come croquetas e deciden a cal dos seus pais lle van dar primeiro as boas noticias, pero que durará máis: as croquetas ou a súa relación?

 

JOSEBA CRUZ (2020)

España/7 minutos/Castelán.

Director: Aleix Vilardebo.

Produtora: This.

Fotografía: Josep Mato.

Intérpretes: Joseba Cruz, Oliver De Gerona.

Restaurantes 3 estrelas para reinventar o concepto de alta gastronomía. O documental desvela como e por que Joseba se meteu nesta vida de “Chef” nómade. A través dun road trip polas terras da súa nenez, recorda como o seu apetito pola gastronomía espertou durante as súas viaxes nos Pirineos franceses, pescando co seu primo, e como o converteu en vocación pasando longas horas nos fogóns do Can Fabes. Unha reflexión sobre as orixes, a natureza dun mesmo e o rol do entorno no proceso de creación.

 

PENTÁGONO (2019)

España/4 minutos/Castelán.

Director: Thomas Barrera.

Fotografía: Sandra Fortmager.

Intérpretes: María Nogales, Ana Pariente, Úrsula Díaz, Loles Gutierrez.

Tostada de Foie gras, segundo café da mañá: pleno maruxeo andaluz. Pero a revelación de que Antonio se colocou no Pentágono vai poñer todo patas arriba.

 

EL SENTIDO DEL CACAO (2019)

España/19 minutos/Castelán.

Director: Alberto Utrera.

Fotografía: Miguel Angel García.

Jordi Roca, motivado por un bo amigo que perdeu o sentido do gusto, decide emprender xunto con BBVA un ambicioso proxecto sen precedentes: recuperar o recordo do gusto a un grupo de persoas a través do cacao.

 

VIVIR EN PAZ (2020)

España/18 minutos/Castelán.

Director: Gonzalo Visedo.

Intérpretes: Martxelo Rubio, Sandra Ferrús.

Ander almorza cada día nunha cafetería coa única compañía dun libro, fuxindo dun pasado violento que desexa esquecer. Alí traballa Sara, unha camareira simpática, atenta e optimista, que trata de mirar cara adiante e borrar o recordo dunha relación pasada. Co paso dos meses a súa relación intensifícase.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!