Cine
Curtas VI
AS CURTAS TAMÉN SON CINE
- Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
- Duración 115 minutos
- Numerada No
PORCELANAS
Argentina, 2023-15 minutos
Directora: Flora Campero
Fotografia: Pepe Peralta
Reparto: Ingrid Pelicori, Dana Basso, Matias Broglia
Rita e Clara son dúas irmás adultas que viaxan xuntas, mais hai tempo que as súas vidas son moi diferentes e non conseguen conectar. Rita é cantante e por fin está logrando o recoñecemento que cre merecer, o cal lle fai ver a Clara como unha carga. Unha parada obrigada na ruta cara ao festival onde Rita se vai presentar, enfróntaas mutuamente e lévaas a rememorar a súa infancia. Só así logran descubrir que o máis importante é que se teñen mutuamente.
RUTINA
España, 2023-15 minutos
Director: Roberto López Carneiro
Fotografía: Arturo Schell
Reparto: Pablo Béjar, Rocio Esperilla Lozano
A rutina forma parte da vida de todas as persoas; todos en maior ou menor medida somos «vítimas» deste proceso. Aínda que ás veces pasan cousas que a alteran.
SALVA
España, 2023-14 minutos
Director: Antonio Palomino Rodriguez
Fotografía: Cesar Hernando
Reparto: Jesús Carrillo, Ignacio Nacho, Emily Sosa
Salva é un máis dos centos de repartidores de comida rápida que cada noite percorren as rúas de calquera cidade, aínda que ten algunhas características que o diferencian da maioría: é español, ten máis de trinta anos, acaba de ter unha filla e está preparando unhas oposicións. Unha noite, mentres reparte nunha urbanización de luxo, unha muller pídelle axuda dende un balcón. Quedou encerrada e necesita que Salva salte o cerrado e lle acade unha escaleira. A tarefa é sinxela.
LA CASQUETTE
Bélgica, 2024-16 minutos
Director: Claude Neuray
Fotografía: Armelle Fouat
Reparto: Karin Clercq, Gaëtan Wenders, Blaise Ludik
Lukas e Léa conducen ata o lugar da cremación do seu mellor amigo, Ben, que morreu nun accidente. A gorra do defunto está sobre o salpicadeiro. No camiño, Lukas decide deterse para amosarlle a Léa un lugar onde lle gustaría esparexer as cinzas. Cando Léa revela a relación que tivo con Ben, Lukas perde o control.
ANA MORPHOSE
Portugal, 2023-10 minutos
Director: Joao Rodrigues
Animación
Unha nena pequena le para durmir. Mentres queda durmida, o mundo físico comeza a fundirse nunha realidade alternativa na que o contido do libro rexe sobre as leis da física. Ana ten que escapar de ser tragada pola atafegante acumulación de coñecemento impreso e encontrar o seu propio espazo nun mundo onde nada é o que parece.
LAVA
España, 2023-18 minutos
Directora: Carmen Jiménez
Fotografía: Gris Jordana
Reparto: Alicia Hidalgo Álvarez, Silvia Acosta, Edelfa Calvo, Julio Bohigas-Couto, Elena de Rey
Tras a separación dos seus pais, Berta (7) vai coa súa nai e a súa irmá a pasar uns días de verán na casa de campo da súa avoa. Durante a hora da sesta, mentres os adultos dormen, o seu curmán Jorge (15) ofrécese para ensinarlle a montar en bicicleta. O adolescente é atento e coidadoso con ela, ata que o ambiente se enrarece.
WAN
España, 2023-13 minutos
Director: Víctor Monigote
Fotografía: Animación
Solpor no bosque. Logo dunha frenética persecución, un homínido de aspecto fero enfróntase a un ancián e á súa cadela-hiena, cun resultado inesperado.
EL LIBRO DE MARIO
España, 20214-14 minutos
Director: Daniel Chamorro
Agradecementos: Mario Ortega Lozano, Esperanza Lozano Moya, Javier Ortega Lozano, Javier Ortega moya, Celia Muñoz Jiménez.
Mario quere levar unha vida normal pero non pode evitar facela extraordinaria.
Precio:
- Evento gratuito
Próximas sesiones:
Inicia sesión para comprar entradas
A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.
Regístrate para poder Comprar entradas
El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:
- Tener acceso a todos los eventos
- Comprar entradas con antelación
- Tener un historial de los eventos
- Compra rápidas sin esperas
- Imprimir las entradas desde tu casa
- Leer condiciones de uso