Cine
Curtas IV
AS CURTAS TAMÉN SON CINE
- Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
- Duración 136 minutos
- Numerada No
FRENIA
España, 2023-14 minutos
Director: Óscar Doviso
Fotografía: Adrían González
Reparto: Marcos Vazquez, Candela Lopez, Chelo Cortiñas
Lucía está tranquila en casa, á espera dunha visita. Cando Esteban chega, nada é o que parece e o medo apodérase dela.
URANITES
España, 2024-8 minutos
Directora: Marina: Arenas
Fotografía: Alejandro Bornes
Reparto: Simone Rogo
Juan Vilches, Paloma Roussanova
Iria y Satya aterran nunha vila de Sevilla co obxectivo de establecer un contacto intergaláctico entre Urano e a Terra. A misión exixe encontrar un voceiro ao que entregar a esfera de comunicacións Delta-Tig-Zero. Na súa viaxe, descubrirán que o planeta non é como reflectían os seus estudos.
CUALQUIER DIA LA ENVENENAS
España, 2024-15 minutos
Directora: Laura Ortega
Fotografía: Jordí Parés
Reparto: Antonio Duran “Morris”, Erika Andollo, Maria Morales, Juan Vinuesa
Pablo acaba de quedar só e o único que quere é seguir coidando do que o mantén vivo: a súa horta. É 26 de agosto, e Laura, como cada aniversario, vai comer co seu avó para celebralo. O que non sabe Pablo é que a súa filla vai disposta a convencelo de abandonar a horta e mudarse á cidade.
SINCOPAT
España, 2023-14 minutos:
Director: Pol Diggler
Fotografía: Kimio Ogawa
Reparto: Rocio Gijarro, Ian Mssana, Carles Cros
Ona, unha executiva creativa dunha grande empresa, está a piques de lanzar ao mercado a última revolución tecnolóxica: un dispositivo que permite escoitar música directamente dende o cerebro. Todo cambia cando un erro de programación a deixa atrapada nun bucle musical infinito.
COMO AGUJA EN UN PAJAR
España, 2023-15 minutos
Director: Max Deniam
Fotografía: Paco Guerrero
Reparto: Vanessa Pampano, Anibal Cortés, Paula Gomez
Ana perde o seu novo smartphone nos restos dunha festa. Grazas a xeolocalización do dispositivo, está segura de que está entre o lixo que foi almacenado nos colectores. Pablo, a súa parella, chega para axudala. Para encontralo, envorcarán o lixo, mais tamén os seus soños, medos e diferenzas
EL PERRO QUE MORDIO A MI MADRE
España, 2023-13 minutos
Director: Pablo Ferrando
Fotografía: Guillermo Ordás
Reparto: Javier Frsquet, Cristina Zaragoza, Bernard Bullen, Sivia Valero
Antonio convive coa súa avoa discapacitada e cega nunha pequena casa de campo. A anciá leva tempo pedíndolle unha morte asistida coa condición de que a nai de Antonio, a súa filla, estea presente. O mozo fará todo o necesario para que a súa avoa non descubra a verdade.
COMO EN CASA
España, 2022-15 minutos
Director: Honorato Ruíz, Joel Adan
Fotografía: Paú Ballesté
Reparto: Jorge Clemente, María Carbajo
Mateo ten un soño recorrente. Nel, unha anciá aparece aforcada nun pequeno cuarto. El segue coa súa vida sen darlle demasiada importancia. Acaba de comprar unha casa de luxo e está no cumio da súa carreira; non ten nada de que preocuparse. Porén, unha mañá como calquera outra, alguén irrompe na casa mentres Mateo toma un baño na piscina. Ao inicio, cre que se trata dun ladrón, así que colle unhas pesas do seu ximnasio persoal disposto a neutralizar o intruso. Aos poucos, comeza a decatarse, debido a unha serie de acontecementos estraños que suceden na casa, de que se cadra non é todo tan simple.
DIARI DUN OPERADOR CINEMATOGRAFIC
España, 2022-13 minutos
Director: Dani Seguí Florit
Esta é a historia do meu avó, Tiago Florit, que durante 50 anos foi operador cinematográfico no Teatro Principal de Mahón, en Menorca.
É un repaso da súa vida, dende o seu nacemento ata a súa morte, en clave cinematográfica. Unha verdadeira historia de amor polo cinema.
CENTRICO
España, 2024-19 minutos
Director: Luso Martínez
Fotografia: Manuel Agüado
Reparto: María Vázquez, Víctor Dupla, Alex Cirvina
Para a ponte, Ernesto e Nati, non buscaban máis emocións que visitar os principais atractivos turísticos da cidade e ir ao parque de atraccións, o regalo de aniversario do pequeno Pablo. Só querían pasar unha fin de semana gozando da grande urbe e aquel aloxamento barato semellaba ser un como calquera outro. Mais non o era.
LA PAZ DE LOS CEMENTERIOS
España, 2024-10 minutos
Directora: Raquel Aguado
Fotografia: Luís Centution
Reparto: Laura Gala, Ana Cuevas, Miguel Rellán, Toño Cuellar, David Garcia, Julián Huerta
A través da ollada duns nenos, La paz de los Cementerios narra unha historia real de supervivencia e fraternidade en medio dos abusos perpetrados por un cura durante a posguerra española nun ambiente onde o medo exerce o seu poder para silenciar a sociedade.
Precio:
- Evento gratuito
Próximas sesiones:
Inicia sesión para comprar entradas
A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.
Regístrate para poder Comprar entradas
El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:
- Tener acceso a todos los eventos
- Comprar entradas con antelación
- Tener un historial de los eventos
- Compra rápidas sin esperas
- Imprimir las entradas desde tu casa
- Leer condiciones de uso