Curtas III

Cine

Curtas III

AS CURTAS TAMÉN SON CINE

  • Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
  • Duración 119 minutos
  • Numerada No

LAMBING

Irlanda, 2022-18 minutos

Directora: Katie Mcneice

Reparto: Pat Shortt, Fiach Kunz, Nna Obrien, Rebecca Hickey, Cate Rusell, Gerry Cannon

Un pai novo da Irlanda rural debe enfrontarse á súa ansiedade a respecto do xénero e o acoso escolar cando o seu bebé nace intersexual.

EH

Libano, 2024-15 minutos

Director: Raed Habib

Reparto: Reine Salameh, Yal Solan, Abou Ali H.K., Mikal Dunne, Thurayya Zreik

Nesta curtametraxe de 15 minutos, catro personaxes de igual importancia loitan por encontrar o seu lugar no universo. Un terapeuta, un paciente, un director de cinema e un produtor embárcanse na rodaxe dun filme que explora os seus respectivos roles na existencia. O entusiasmo inicial dá paso ao engano, e os protagonistas reaccionan consonte os seus cambios de humor, un elemento constante no filme. As actuacións vocais establecen o ritmo e a atmosfera desta singular peza en branco e negro, creando unha experiencia fóra do común.

 

SISSY

EE.UU., 2023-14 minutos

Directora: Vasilisa Belokon

Reparto: Dylan Nevill, Cori Allison, Roma Mezhennala, Isabelle Kusman, Avery Aletto, Callahan Teceno

A historia segue a Mark, un mozo que sente unha gran paixón polos bailes de salón, un pasatempo ao que lle introduciu a súa avoa, que era bailarina profesional. A perspectiva de Mark sobre o baile muda cando un día os seus compañeiros de clase se burlan del por participar na que é considerada unha actividade «feminina». Avergoñado e humillado, Mark decide distanciarse dunha vez por todas dos bailes de salón, malia que lle custe a relación coa súa avoa. Só anos despois é que Mark se decata do negativamente que afectou esta escolla á súa identidade e á súa autopercepción.

 

BIENVENIDOS A VERTILAND

España, 2023-12 minutos

Directora: Irene Molina Gómez

Reparto: Celia Muro, Nani Rodríguez, Carlos Mazo, Ena Gil, Aimar Miranda

Ashia, unha rapaza obediente que está atrapada na rutina, obsesionase cunhas montañas ás que quere viaxar. A súa familia, que é un tanto peculiar, tentará impedir que leve a cabo a súa viaxe.

 

LEONOR

España, 2023-14 minutos

Direccion: Laura Corral, Rubén Tadeo

Un científico pasa os días lembrando a súa namorada falecida. Dedica a súa vida enteira a construír un artefacto que lle permita alongar a súa propia vida para así ter tempo de encontrar a maneira de traela de volta. Percorrerá o tempo e o espazo, tornando a súa existencia nun pesadelo para volveren estar xuntos. Curtametraxe de animación.

 

EL CINE ES MARAVILLOSO

España, 2022-14 minutos

Director: David Fernández

Fotografñia: Albertro Flores

Reparto: Iñigo Salinero, Camen Esteban, Sergio Fernandez

A suspensión da incredulidade foi sempre un requisito fundamental por parte do espectador na súa relación cos filmes. Durante a infancia, esa suspensión da incredulidade vai da man da nosa inocencia, pero a súa perda vólvenos máis críticos e, por desgraza, adoita implicar a perda dunha «visión máxica» da vida. A vida vista a través dos ollos dos nenos non só adoita ser máis inocente, senón que, demasiado a miúdo, adoita ser máis fermosa.

 

CRISTAL. PAPEL. ORGANICO

España, 2022-4 minutos

Directora: Almudena Vázquez

Fotografía: Fernando Manjavacas

Reparto: Pascual Laborda, Angela Chica

Juan tira unhas caixas de pizza no colector de papel sen se decatar de que a graxa impide a súa reciclaxe. Patri comeza a dubidar do seu compromiso co medio ambiente. En que cubo se tira o aceite? E as pilas? E o tóner? Un percorrido polos colectores de Vallecas que mudará as súas vidas para sempre.

 

MAGIA NEGRA

España, 2022-4 minutos

Directora Almudena Vázquez

Fotografia: Diego Simón

Reparto: Coco Gacó, Pascual Laborda

Dous amigos quedaron cun tipo por Internet para mercar unha bicicleta. Mentres agardan por el, organizan unha fin de semana na praia. Agustín calcula a data idónea baseándose en cando lle baixa a regra á súa moza. A Juan, en troques, válelle calquera día; el non sabe nada da menstruación da súa moza nin repara nesas cousas. De verdade lle baixa todos os meses?

 

ALLI

España, 2022-8 minutos

Director: Siro Morcillo

Fotografia: Pablo Maldonado

Reparto: Alex Casarrubios, Eric De Loizaga, Clara Maria Sánchez, Nacho Rodríguez

Abril de 2022. A unha antiga casa baleira acábase de mudar unha parella de mozos, Manzano e Pía. Dende a primeira noite que pasan nela, perciben que hai algo que os conecta con ese lugar. Un cadro pendurado na parede é o único e solitario obxecto que deixaron os antigos inquilinos. 

Abril de 1979. Casal, un pintor novo, traballa no seu estudio nunha nova obra. Greta, a súa parella e musa, posa para el. As pinceladas proxectadas no lenzo serán o testemuño dese instante anos despois.

 

THE WATTERS

Kazakhistan. España, 2023-11 minutos

Director: S. C. Teles

Fotografía: Marta Bewrzal

Reparto: Galiya Utepova, Dauren Nurtazin, Milana Nachyr, Vertys Kozheke

Unha madrileña viaxa á casa do seu pai en Kazajistán para reconciliarse co seu pasado.

 

AMIGAS

España, 2022-5 minutos

Directora: Diana Gimeno

Reparto: Alicia de Cisneros, Érika Esteban, Isra Alloui

Nunca sabes onde vas atopar unha verdadeira amiga.

 

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!