Cine
Curtas I
AS CURTAS TAMÉN SON CINE
- Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
- Duración 110 minutos
- Numerada No
LA CENA
España, 2023-12 minutos
Director: Jesús Martínez
Reparto: Javier Bodalo, Nacho Marraco, Carmen Navarro
Hai temas que non poden agardar ata a sobremesa.
YAMAL
España, 2023-19 minutos
Director: Miguel A. Almanza
Ayoub El Hilali, Juanma Lara, Mercedes León, Antonio Navarro, Víctor Castilla
Un mozo migrante consegue alcanzar a costa andaluza. Porén, o que parecía a fin non será máis que o punto de partida cara a unha nova odisea na que volverán perigar os seus soños e certezas.
DIELLI
Kosovo, 2023-20 minutos
Director: Dritero Mehmetaj
Produtores: Dritero Mehmetaj, Petrit Ukëhajdaraj, Vigan Morina
Reparto: Lum Veseli, Agron Shala, Rebeka Qena, Berat Pllana
Dielli realiza servizo comunitario nunha biblioteca mentres o seu pai loita contra a adicción ao alcohol. Logo dun accidente automobilístico, este promete cambiar, mais cando recae, a súa relación esborrallase e pon a proba os soños e a lealdade de Dielli. Este conmovedor drama explora a adicción, o perdón e o poder do amor, e con iso revela a forza e a fraxilidade dos lazos familiares. É un sentido filme de segundas oportunidades, resistencia e esperanza ante a adversidade.
MANTING
China, USA, 2023-15 minutos
Director: Shuyao Chen
Reparto: Yijing Zhang, Changmin Zhang
Manting, unha muller chinesa duns 60 anos, reencóntrase coa súa amante lesbiana da adolescencia cando falece unha das súas antigas compañeiras de clase. Despois dunha reunión de compañeiros de clase nun bar de karaoke, pasan unha noite xuntas, deambulando pola cidade.
AD ALMA
Italia, 2022-15 minutos
Director: Giuseppe Cardaci
Reparto: Emanuele Fortunati, Anna Ferzetti, Giulia Gallazzi, Benedetta Covati
Un pai enfróntase á morte da súa filla de nove anos. Será a través da música, a súa paixón e o vencello existente entre eles, como aprenderá a vivir coa dor da perda.
CULTES
Francia, 2023-15 minutos
Director: David Padilla
Fotografía: Tomás Bataille
1970, nunha institución relixiosa. Baixo a autoridade do Padre De Monval, un mozo interno asiste á proxección dun filme e é testemuño dun cambio de programa que trastorna a súa vida cotiá.
CHOMON EL INCOHERENTE
España, 2022-8 minutos
Director: Javier Alvero
Narrador: Pedro Rebollo
Os pioneiros do cinema e a animación no París da Belle Époque, as fontes de inspiración do turolense Segundo de Chomón e as súas achegas no 150 aniversario do seu nacemento.
TODO VA BIEN
Rachid, un mozo inmigrante marroquí, sobrevive nun albergue e loita polo seu soño español. Aínda que nada lle resulta doado, consegue un traballo nun restaurante e logra quedar coa moza que lle gusta. Porén, a realidade demostraralle que apenas ten opcións, que as súas cartas veñen marcadas pola súa orixe magrebí.
Precio:
- Evento gratuito
Próximas sesiones:
Inicia sesión para comprar entradas
A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.
Regístrate para poder Comprar entradas
El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:
- Tener acceso a todos los eventos
- Comprar entradas con antelación
- Tener un historial de los eventos
- Compra rápidas sin esperas
- Imprimir las entradas desde tu casa
- Leer condiciones de uso