Curtas galego V

Cine

Curtas galego V

CINE GALEGO-CURTAMETRAXES

  • Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
  • Duración 65 minutos
  • Numerada No

CARRAXE

Galicia, 2023-11 minutos

Director: Muriel Pernas

Fotografía: Lucas Orlando

Reparto: Mabel Rivera, Roberto Leal, Aicha Villaverde, Valentina Quiza, Santiago Veloso

Na Galicia rural, un matrimonio de anciáns vive afogado na súa rutina. Sole está recluída na casa por e para o seu marido, como lle ensinaron. Todas as noites, Mario volve bébedo; os días repítense. Os dous teñen moita carraxe acumulada nas súas vidas, e só un deles consegue sacala.

 

VEXOTE

Galicia, 2024-20 minutos

Director: Óscar Pardo Cartelle

Fotografía: Paula Pez

Reparto: Marta Lado, Xúlio Abonjo, Fran Lareu

David e Lola van pasar uns días na casa rural do seu amigo Marcos. En medio da natureza buscan encontrarse e verse, deixar atrás a tristura que acompaña a Lola.

 

NO PROFUNDO

Galicia, 14 minutos

Directora: Clara Rocio

Fotografía: Sara Malvido

Reparto: Mercedes Costas, Sonia Vidal

Sonia, Celestino e Mercedes son veciños de aldeas en risco de despoboamento. Tras pasar gran parte da súa vida na cidade, conversan sobre o valor que ten vivir no rural. Non poderían subsistir sen os sons da natureza, a tranquilidade ou a saúde mental que o seu fogar lles brinda. O traballo, a familia e a conciliación son posibles en Os Casares, O Moredo e A Teixeira. Mais as preocupacións e dificultades que implica elixir este estilo de vida cobran importancia á hora de decidir que é o mellor para o futuro das súas fillas. Pese a todo, por que seguen escollendo o rural?

 

DESFACENDOBARRIO.SAN PEDRO, AUTOPISTA PARA TURISTAS

España, Galicia, 2023-15 minutos

Directora: Erika Martínez

A masificación turística, a ocupación do espazo público, o aumento do prezo da vivenda ou a perda do comercio tradicional non o sofren apenas as grandes cidades. (Des)facendo barrio trata estes temas a través da ollada única dos veciños do barrio de San Pedro, en Santiago. A súa condición de entrada do Camiño Francés, sumada ao aumento de visitantes da capital galega, failles temer que o seu fogar se converta nunha autopista para turistas.

 

PROPOSITOS

Lugo, 2024-Findecurta-5 minutos.

Grupo: Desvidas. Representante: María Rosana López Alvárez.

Integrantes da equipa: Uxía Calviño López, Elba Penas Goy, Ana López Franco, Naomi Alvárez Brito, Cris Trillo Carballo.

A fin do mundo sempre estivo cerca. Dende o inicio da nosa historia, a humanidade temeu a chegada do último día na Terra. Dende Mesopotamia ata a actualidade, centos de predicións sobre a fin do mundo. Pero... será hoxe por fin ese día? Será esta vez realmente o último día na Terra? Imaxina espertar e que informen de que só quedan 24h. Como reaccionarias? Que farías?

 

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!