Curtas galego II

Cine

Curtas galego II

CINE GALEGO-CURTAMETRAXES

  • Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
  • Duración 86 minutos
  • Numerada No

QUEIMAR CANDO MORRA

Galicia, 2024-12 minutos

Directora: Inés Pintor

O 11 de agosto de 2020 morre a miña avoa Encarna. Baleirando a súa casa, atopamos nun dos armarios do seu cuarto un paquete cunha nota que dicía: «Queimar cando morra, un nosopai e ao lume». Ao abrilo, comecei a recrear a súa historia, a nosa historia familiar.  A vida dunha muller e de todas as mulleres que naceron nos anos 30, que casaban, que tiñan fillos. Unha reflexión sobre a familia a partir das imaxes de Super8 e das fotos que encontrei nese paquete. Unha reflexión sobre como lembramos as nosas vivencias persoais, sobre como o pasado da nosa familia nos marca no presente. O que importa non é o que nos deixan os nosos seres queridos cando marchan. O que importa é o que xeramos nós con estas lembranzas.

 

ALGUÉN ME CHAMOU SERPE NEGRA

España, 2023-10 minutos

Director: Borja Santomé Rodríguez

Animación

Dende o inicio da miña carreira como realizador interesoume traballar a medio camiño entre a pintura, o cinema e a música, creando relatos surrealistas inspirados na miña vida dun xeito dislocado e confuso; algo que eu chamo «caleidoscopios autobiográficos». Alguén me chamou Serpe Negra, que constitúe o meu sétimo proxecto de animación experimental, continúa nesa liña de relatos oníricos a medio camiño entre o imaxinario e o autobiográfico. O filme amósanos a procura dunha serie de personaxes, apenas bosquexados, que emprenden unha viaxe física e mental dende a cidade, ruidosa e desordenada, ata alcanzar a costa e os seus novos misterios nunha sucesión de escenas que nos remiten para a descuberta e a sede de aventuras. 

 

SEGUNDA

Galicia, 2024-17 minutos

Directora: Anita Pico

Fotografía: Pedro Galbán

Reparto: Segunda García

Neste retrato dunha muller de campo galego descubrimos os valores de quen un día dominaron a historia. Segundo quedou marcada co seu nome cando naceu, mais tiña outros plans. Dende unha pequena aldea galega, esta matriarca de oitenta anos viviu a súa vida coa determinación e a personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo.

Nota da Directora: «Segunda (si, así se chama) ten 79 anos. Ela é a miña tía avoa, un piar extraordinario na miña familia. Con 21 anos, decidiu emigrar xunto co seu marido a Alemaña, onde superou numerosas barreiras como o idioma, o traballo e a separación dos seus fillos para  construír un futuro mellor para a súa familia. Ela é unha das gladiadoras que loitou polo seu futuro e regresou á súa terra, unha pequena vila de Galicia. Neste documental, honramos a súa experiencia creando unha metáfora que compara estas mulleres migratorias cos antigos césares romanos».

 

CANS DE FERRO

Galicia, 2023-16 minutos

Directora: Zahira Teijelo

Fotografía: Ana Sánchez

Reparto: Daria Fernández, Iñaki Castro, Sonia Garrido, Nina Barciela, Jorge de Arcos, Emilia Meleiro

Daniel, home de 60 anos, traballa nun estaleiro onde a cúpula directiva da empresa decidiu facer un despedimento masivo de traballadores, deixando familias enteiras sen sustento. Decide responder, e a súa decisión non só afectará aos directivos das altas esferas, senón tamén á súa xente máis próxima. Especialmente ao seu home, Amador.

 

O FRIO

España, 2024-17 minutos

Director: Pablo Dopazo

Fotografía: Jaime Olmedo

Reparto: José Maria Sanjurjo, Daniel Sanjurjo

Chema traballa nun mercado de abastos nunha pequena cidade do noroeste de España. O seu día comeza cedo; leva pedidos, arrastra caixas de xeo e peixe, transporta paquetes de marisco. Logo dun duro día de traballo, volve á casa. Mais esta tarde recibe unha chamada que perturba a súa vida normal; é o pasado que volve. 

 

LO INTIMO

España, 2023-8 minutos

Director: Susana Sotelo

Fotografia: Sara Horta

Sara tenía 33 años cuando fue encerrada a vivir en su casa vieja en el casco antiguo de Santiago de Compostela. Llena de sueños y planes que se truncan, recuerda momentos de su vida en los que se sintió más libre. En concreto su último viaje a Indonesia donde convivió sobre el mar con gente semianfibia, en un bosque asistió a rituales funerarios extraños y entre las montañas convivió con gente que practicó canibalismo.

Pero allí no todo salió bien y es en la soledad de esa casa donde se da cuenta que de ese viaje trajo heridas que todavía sangran y quizás necesitó que el mundo se parase para darse cuenta.

Y quizás curarse.

Esta es una historia real sobre el viaje más extraño e íntimo de su vida.

 

HESTERIA DO MEU PEQENO MUNDO

Galicia, 2024-6 minutos

Director: Pablo Fontela

Fotografía: David G. García

Reparto: Ledicia Sola, Tacho González

Nun futuro dominado pola predición computarizada e o control político e social, un cidadán normal cuestiona a verdadeira autonomía humana nun mundo cada vez máis controlado polas máquinas.

 

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!