Cine
Curtas galego I
CINE GALEGO-CURTAMETRAXES
- Lugar O Vello Cárcere (ver mapa)
- Duración 92 minutos
- Numerada No
O QUE QUEDA
España, Galicia, 2022-9 minutos
Director: Alejandro Rodr´guez
Reparto: Ana Campos, Basilio Rodríguez, Remedios Diéguez
Unha reflexión sobre a memoria, o mundo dixital e os arquivos que xeramos a diario a través da galería audiovisual dun teléfono móbil.
AGARDANDO POR TI
Galicia, 2023-6 minutos
Director: Xabier Mailán
Son: Suso Otero
Produtora: Palleira Cibernética
Todas as casas gardan historias pasadas. Algunhas delas quedan fixadas, encerradas entre as paredes. Lendas que vagan como pantasmas eternas, á espreita, desexando seren rescatadas e convertérense en historias presentes, anhelando volver á vida.
ENTRE FIOS E RAICES
Galicia, 2023-21 minutos
Directora: Mariana Romero
Fotografía: Oscar Doviso
Reparto: Amelia Martínez Garrido, Carmen Dieguez Seijo, Josefa Celeste González Vispo, Mercedes Lopez Bermúdez, Pilar González Méndez
Cinco compañeiras dun lar de anciáns cun pasado familiar: traballadoras do rural na posguerra e emigradas. Son nais, esposas e por enriba de todo, mulleres. Falamos dos coidados, da desigualdade e de como elas entenden o feminismo.
A MIRADA DELAS
Galicia, 2024-15 minutos
Directora: Clara Maseda
Fotografía: Alejandro Rodríguez
Reparto: María Barca, Catuxa Salom
A miña nai sempre me dixo que podía ser o que eu quixese. A través de vídeos caseiros gravados na miña infancia, falo sobre a miña crianza e a miña relación coa arte. María, Catuxa e Aroa, tres artistas emigrantes galegas, completan esa reflexión mentres amosan o seu traballo. Este documental abre un diálogo entre o arquivo doméstico e as entrevistas, tratando temas como a liberdade, a muller, a cultura no rural e a importancia das raíces.
XOGO DE NENOS
Galicia, 2023-16 minutos
Director: Miguel Romero Berride
Fotografia: Dani Iglesias
Reparto: Pablo Loureiro, Sergio Peteira, Padro Galocha, Rober de Vigo, Pepa Sofía, Miguel Romero
Miguel, Nico, Sara e Álex corren polo bosque tratando de fuxir de dous perseguidores que os queren matar. Álex non o consegue e é asasinado. Agora só quedan tres, que, sen armas, terán que arranxar a forma de escapar con vida do bosque.
PURA
Galicia, 2024-25 minutos
Directora: Carmen Méndez
Reparto: Pura Lamas Rivas, Carmen Fernández Tourón
Unha muller, a propia directora do filme, sente a necesidade de descubrirse e buscar respostas. Colle unha cámara e filma por primeira vez a súa nai e a súa avoa. Sentiu a necesidade de volver a casa e estar con elas. O retrato da súa nai e a súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconciliase co lugar e as lembranzas.
Precio:
- Evento gratuito
Próximas sesiones:
Inicia sesión para comprar entradas
A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.
Regístrate para poder Comprar entradas
El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:
- Tener acceso a todos los eventos
- Comprar entradas con antelación
- Tener un historial de los eventos
- Compra rápidas sin esperas
- Imprimir las entradas desde tu casa
- Leer condiciones de uso