
Cine
CURTAS DÍA 5
AS CURTAS TAMÉN SON CINE
- Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
- Duración 90 minutos
- Numerada No
PLASTIC KILLER
España, 2121 - 21 min.
Director: Jose Pozo
Reparto: José Mota, Laura Gómez, La Cueva, Elizabet Terri
Amparo de Deus vive nunha vella mercería abandonada de Madrid coa única compañía de Carmela, unha bolsa de plástico á que considera a súa filla. Nancy, directiva dunha ONG ambiental, recrimínalle que a siga usando posto que agora é ilegal facelo. Amparo, vendo en perigo a existencia da súa 'filla', ameaza de morte á ecoloxista.
Romualdo García, inspector de Policía, visita a Amparo co gallo de pescudar que lle ocorreu a Nancy, cuxo corpo apareceu golpeado nun parque próximo. Pero o home ten serias dificultades para realizar o seu traballo, xa que padece tres enfermidades raras: síndrome de Tourette, cataplexia e narcolepsia.
LA CASA
España, 2022 - 12 min.
Director: Ismael Medrano
Reparto: Maria Barranco, Pedro Miguel Martinez, Chen Lu, Fran Leal, Ana Mayo, Eva Valdivia.
Nunha urbanización, nos arredores da cidade, un matrimonio descansa placidamente na casa.
Eles non esperan visitas, pero chaman á porta. É a policía e vén acompañada dun matrimonio co seu fillo pequeno. Acúsanos de estar a ocupar a casa. Todos defenden que a casa é súa, pero alguén é un intruso.
LA BANYERA
España, 2022 - 19 min.
Director: Sergi Marti i Maltas Reparto: Abel Folk, Paula Jornet
Ramón Rise está a tomar un merecido baño cando de súpeto soa o seu móbil. Alén da liña atópase Clara, unha moza que lle tenta vender un seguro de vida insistentemente.
MI CONDICIÓN
España, 2021 - 10 min.
Director: Coke Arijo
Reparto: Noemi Ruiz, Jaime Ordoñez
Regresar á casa pola noite e soa non é prato de bo gusto para ningunha muller. Tampouco para Sofía, que debe esperar na parada a que chegue o seu autobús. Cando un canso profesor de arte chega prodúcese entre eles unha conversación na que ninguén é quen di ser.
ESPINAS
España, 2021 - 15 min. Director: Iván Sainz Pardo
Reparto: José Sacristan, Aitana Sánchez- Gijón, Julieta Serrano, Daniel Chamorro, Natividad Orozco
Carmen ten cincuenta anos e desexa quitarse a vida que sempre lle deu as costas. Con todo, unha mensaxe inesperada no seu móbil impídello. O seu pai, co que leva practicamente toda unha vida sen falarse, pídelle que o visite debido a un asunto urxente. Carmen, xa sen nada que perder, acode e o reencontro provocará unha avalancha de acontecementos dramáticos e revelacións que o cambiarán absolutamente todo.
NEGOCIADORA
Epaña, 2021 - 14 min.
Director: Alfredo Andreu Rios Reparto: Isabel Naveira, Jorge Uson
Eva é a negociadora con máis casos de éxito en Europa. Pero hoxe é o peor día da súa vida.
MAÑANA VOLVERÉ
España, 2022 - 11 min. Director: Hugo de la Riva
Reparto: Silvia Casandra, Oriol Cervera, Stephanie Magui
Carlos dorme no tanatorio ata que o espertan porque a súa avoa desapareceu do cadaleito.
Precio:
- Evento gratuito
Próximas sesiones:
Inicia sesión para comprar entradas
A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.
Regístrate para poder Comprar entradas
El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:
- Tener acceso a todos los eventos
- Comprar entradas con antelación
- Tener un historial de los eventos
- Compra rápidas sin esperas
- Imprimir las entradas desde tu casa
- Leer condiciones de uso