CINE GALEGO SESIÓN I

Cine

CINE GALEGO SESIÓN I

CINE GALEGO

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
  • Duración 86 minutos
  • Numerada Si

ONDE ESTAMOS

Galicia, 2020 - 30 minutos.
Directora: Lara Alonso.
Reparto: Mariana Carballal, Noemi Chantada, Paula Cons, Lucía Estévez, Anxos Fazaus, Xisela Franco, Margarita Ledo, Olga Osorio.

Onde estamos nós é un documental feminista, de carácter testemuñal, que ten como obxectivo visibilizar a obra audiovisual dalgunhas das directoras máis recoñecidas do ámbito galego. O proxecto adquire unha visión crítica da ausencia de mulleres no posto de dirección en Galicia. Pretende concienciar sobre o que supón ser muller e dirixir, da falta de referentes femininos nos manuais de estudo, da invisibilidade nas carteleiras, entre outros aspectos de interese, abordados desde unha clara perspectiva de xénero.

REUNIÓN

Galicia, 2020 - 14 minutos.
Director: Raquel P. Crego.
Reparto: Luma Gómez, Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Ademar Silvoso.

Vítor deixa a cidade e chega a un pobo onde atopou traballo. Unha antiga casa do arrabalde vaise converter no seu novo fogar de alugueiro onde o espera Cándida, a súa dona. Algo estraño e inquietante incita a Vítor a descubrir que dentro desa casa non vive só.

CERNICALOS

Galicia, 2020 - 8 minutos. Director: Michael Cassidy.

Reparto: Noa Castaño, Sabela Saa, Germán González, Roi Castaño, Manuel Saa.

Tres nenos (dúas irmás e un irmán) discuten sobre tomar un atallo polo bosque para chegar antes á casa do colexio. Imponse o criterio dos maiores e entran no bosque. Espántanse ao descubrir que a un neno do seu colexio están a acosalo dous abusóns que meten medo. Farán os irmáns algo respecto diso?

 

MONTE BRAVO

Galicia, 2020 - 14 minutos.
Director: Noelia María Muíño González. Reparto: Paula Vázquez Corral, Pablo Balado Rey, Isabel Filgueira, María del Carmen Sanjurjo.

Paula é unha nena que vive nunha aldea de Galicia tras a Guerra Civil. Un día, xogando co seu irmán Pablo, ve un home lobo. Pero é real ou só un produto da súa imaxinación? A través da viaxe dos irmáns para atopar o home lobo, profundamos na soidade, a alegría e o medo entre os que se debaten.

SERGIO DA VEIGA

Galicia, 2021 - 19 minutos.
Director: Manuel Lucas Mariño. Fotiografía: Breogán Martínez Gómez.

Sergio vivía só na montaña. Mentres pastoreaba as súas cabras no monte, sentía o son da súa gaita abaixo,
no pobo da Veiga de Logares

(A Fonsagrada). Amigos e veciños fálannos de que foi un virtuoso gaiteiro e gran artista do pobo.

AQUELES DÍAS DE AGOSTO

Galicia, 2021 - 9 minutos.
Director: Anxo Rojo.
Reparto: Juan Rivera, Gonzalo Rojo, Xosé Manuel, Aitor Viqueira.

Durante a visita do seu mellor amigo da infancia, Juan lembra o seu pasado xuntos no seminario. Juan e Sergio atravesarán o pobo que os viu medrar pasando polos recunchos onde foron felices. Juan espera que o seu amigo lle conte o motivo da súa volta do Vaticano.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!