OJALÁ MAÑANA + VARIOS CORTOMETRAJES

Cine

OJALÁ MAÑANA + VARIOS CORTOMETRAJES

CINE DE NACIONALIDADES

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Deputación Provincial de Lugo (ver mapa)
  • Duración 105 minutos
  • Numerada Si

PURA SANGRE

España, 2021 - 15 minutos. Director: César Tormo.

Reparto: Ada Tormo, Verónica Andrés, Enric Juezas, César Tormo, Xosé Giménez.

Ana é unha nena de 15 anos que non se sinte querida polos seus pais. Tras non gañar o primeiro premio no concurso de debuxo de animais organizado polo seu profesor de plástica, o seu indignado pai, avogado de profesión, demandará o centro escolar acusándoo de fraude no veredicto. Os pais acudirán ao colexio para pedir explicacións esixindo unha revisión dos premios en favor da súa filla Ana, propoñendo que lle sexa entregado o galardón en presenza de todo o alumnado nun acto especial no auditorio do colexio.

OJALÁ MAÑANA

España, 2020 - 71 minutos.
Director: Ignacio G. Merlo.
Fotografia: Pol Parhesia.
Reparto: Olaia Comesaña Aragón,
Lola Fernández Comesaña, Manuel J.L.

Olaia vive coa súa parella Sebas e a filla de ambos, Lola de 7 anos, na portería do barrio de Chamberí de Madrid onde Sebas é o conserxe do edificio. Olaia limpa nunha farmacia para gañar a vida. Neste momento está a estudar un monólogo para participar nunha audición para un papel protagonista da obra de teatro Regreso al hogar, da dramaturga do século XIX Emily Rise.

Este feito desequilibra a orde familiar.

NUESTROS HIJOS

España, 2021 - 10 minutos.
Directora: Cecilia Gessa.
Fotografía: Pope Maroto.
Música: Juan Antonio Simarro. Reparto: Carolina Roman, Luisa Mayol.

Os nosos fillos... Coñecémolos? Son coma nós? Herdan os nosos odios? Que podemos facer se descubrimos que o noso fillo é un acosador?

De regreso do centro comercial, Carmen atópase na parada do bus con Silvia, a nai dun compañeiro de colexio do seu fillo. Carmen só quere despachar canto antes a Silvia para poder irse, pero Silvia esixe unha desculpa: O fillo de Carmen mandou o de Silvia ao hospital tras agredilo... Nuestros hijos conta unha historia cotiá e realista de dúas nais que discuten por un problema de acoso escolar. As revelacións que xorden ao longo deste encontro póñenas ao bordo do precipicio, enfrontándoas ás súas propias contradicións. Esta curtametraxe é unha invitación a reflexionar sobre temas como o acoso escolar, a educación, a tolerancia e o non mirar cara a outro lado.

LA FIESTA DE LA DEMOCRACIA

España, 2019 - 9 minutos.
Directora: Puri Méndez.
Fotografía: Ezequiel Sebastián. Música: Jose Méndez.
Reparto: Enrique Pinin, Puri Méndez.

Segundo Alcalde Porteiro vive só, nun pobo illado da provincia de Soria, a 1200 metros de altitude e en plena serra. En 1976 realízase o primeiro referendo da democracia e a burocracia fai que ese día altere a súa rutina para montar unha mesa electoral onde el é o único votante. Pouco tempo despois abandona a súa casa e Peñalcázar pasa a formar parte do que hoxe se coñece como a España baleira.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!