GALEGO (CURTAS) DIA 5

Cine

GALEGO (CURTAS) DIA 5

CINE GALEGO (CURTAS)

  • Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
  • Duración 90 minutos
  • Numerada No

¿QUIÉN ES GAEL?

España, 2022 - 9 min.
Director: Adrián Sánchez Puerta Reparto: Gael Alberto Quintela

No extremo noroeste da Península Ibérica atópase Vigo, nesta cidade costeira afastada dos grandes núcleos europeos, pero cunha intensa vida cultural é onde vive o noso protagonista, Gael. Xunto a el, percorreremos os avatares que compoñen a súa vida: a súa música, os seus estudos, o seu traballo, mentres tratamos de coñecer e entender como é a vida dun artista e un estudante de música no Vigo contemporáneo.

EUCALIPTO
UN ASESINO SILENCIOSO

Galicia, 2022 - 9 min. - Documental Director: Abraham Urgal Produtora: EAV

Eucalipto: Un asesino silencioso? fala do dano que provocan os eucaliptos no medio ambiente, a destrución de especies autóctonas, a facilidade para arder da súa composición e diferentes aspectos da explotación financeira e ambiental desta especie. Vendo este punto desde o seu lado positivo (económico) e o seu lado negativo (ambiental).

 

A COMUÑÓN DA

MIÑA PRIMA ANDREA

Galicia, 2021 - 13 min. Director: Brandán Calviño

Reparto: Andrea Abeledo Rodriguez, Brandán Cerviño Abeledo

Brandán pregunta a Andrea sobre os recordos que ten sobre o día que fixo a primeira comuñón e así, poder comezar a facer a película que acordaron. Aos poucos, Andrea aproveita para imaxinar como lle gustaría que fose a cerimonia. Andrea explica o bonito que sería saír nesas fotos con torres de diñeiro e coches deportivos, a ritmo dalgún tema de reguetón e substituíndo as biblias e rosarios polos último modelos de smartphones. Con todo, a igrexa é pequena e fría. O cura empeza a oración. Na primeira fila de bancos Andrea está de pé coa mirada perdida, absorta nos seus pensamentos. O Deus este existe? Coa súa voz solemne, o cura saca a Andrea do seu ensimesmamento. É a hora de comulgar.

 

ANATOMÍA

DUNHA SEREA

Galicia, 2022 - 14 min.
Directora: Adriana Páramo Pérez

Reparto: Iria Pinheiro, Santos Martiño Ous, Xron, Patricia de Lorenzo, Suso Salda, María Lado, Juanma Ons

Tras recibir un trato inapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro inicia un trámite xudicial contra o Servizo de Saúde Gallego, pero, desencoraxada ante o complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia. A través dos ensaios e das escenas da obra, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor para dar visibilidade a este realidade oculta.

 

EL ASESINATO DE DR.

SÁNCHEZ POR EL COBARDE

HEIDI CHESTER

España, 2021 - 6 min
Director: Gabriel Rey
Reparto: Javier Aparicio, Rubén Sánchez, Juan Rivera

Unha entrega de cocaína non se leva a cabo e os de arriba están encabuxados, piden explicacións, buscan culpables. Javier e Rubén, no medio de todo isto, poñen a proba a súa amizade.

REFLEXIÓNS DUNHA AVARICIOSA

Galicia, 2022 - 3 min.
Dirección: Noa Álvarez Pastoriza, Maruxa Bruña Alonso, Yaiza Castro Vázquez, Uxía Calviño López, Roque López Díaz, Area López Franco, Paio Guerrero Legaspi, Elba Penas Goy Reparto: Noa Álvarez Pastoriza, Maruxa Bruña Alonso, Yaiza Castro Vázquez, Uxía Calviño López, Roque López Díaz, Area López Franco, Paio Guerrero Legaspi, Elba Penas Goy. Intervención especial de María Cristina Alonso Barreiro

Historia creada polo grupo Osa Maior +2, composto por escolares de distintos centros educativos de ESO da cidade de Lugo que relata un dos sete pecados capitais: a avaricia, desde a ollada natural de adolescentes. 

 
Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!