CURTAS  SESIÓN I

Cine

CURTAS SESIÓN I

AS CURTAS TAMÉN SON CINE

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
  • Duración 104 minutos
  • Numerada Si

EL PEQUEÑO CONTRATO

Francia, 2020 - 20 minutos. Director: Hristo Todorov.

Reparto: Vini Adam, Florian Velasco, Stephane Petry, Roxane Lebran.

Jeanne é unha moza nova con baixa autoestima, á que lle custa atraer mozos. Unha noite na que está buscando mozos en aplicacións de citas, chega unha visita inesperada. Ela consegue a oportunidade de atopar o mozo dos seus soños, pero cunha condición.

5 HORAS, 34 MINUTOS, 25 SEGUNDOS

España, 2019 - 23 minutos.
Director: Tomás Rojo.
Reparto: Mikel Arostegui, Cristina Bravo, Barbara de Lema.

Cando Damián chega ao mundo en 1980, a súa saúde é moi delicada. Seguindo a súa intuición, unha enfermeira decide colocar outro bebé ao seu lado, e a súa mellora é instantánea. 25 anos despois, el vai en busca desta enfermeira, que sorprenden- temente, esconde un gran segredo.

BURQA CITY

Francia, 2019 - 20 minutos. Director: Fabrice Bracq. Reparto: Omar Mebrouk.

Souleymane e Leila acaban de casar para o mellor e o peor. O mellor é que se queren moitísimo. E o peor é que viven nun pais absurdo e kafkiano.

COMING BACK

Reino Unido, 2019 - 12 minutos. Director: Alessio Rupalti.

Reparto: Karl Huches, Guillian Broderich, Mark Lisseman.

Gran Bretaña votou para saír da Unión Europea. Mentres a euforia e o desacordo se mesturan entre a poboación, William decide ir visitar os seus pais e discutir sobre os resultados do Brexit co seu pai. O seu punto de vista oposto reabrirá vellas feridas sen cicatrizar demostrando que o amor pode estar escondido detrás de eleccións inesperadas.

DOS MUNDOS

España, 2020 - 11 minutos.
Director: Juan Fernández de Córdoba.

Reparto: Abdelatif Hwidar,
Carolina Tortajada, Sara Absedelam, Sergio Caballero.

Occidente e oriente míranse ao espello nun encontro espacial.

ERA YO

España, 2019 - 12 minutos. Directora: Andrea Casaseca.

Reparto: Marta Belenguer, María Rivera, Miguel Rivera, Fátima Baeza.

María, unha adolescente cun carácter irresistible, cre ter o dereito de facer o que queira e cando queira. O que non sabe é que, ás veces na vida, un tamén recibe o que dá.

EL CUENTO DEL QUE TODOS HABLAN

España, 2020 - 6 minutos - Animación. Director: Manuel Montoya.

Sara quere xogar co seu pai, un home moi ocupado e cun traballo de “gran responsabilidade”. A través dela e o seu mundo de fantasía, cheo de influencias da actualidade, descubriremos unha realidade política e social que non está moi lonxe do seu mundo infantil.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!