CINE GALEGO SESIÓN V

Cine

CINE GALEGO SESIÓN V

CINE GALEGO

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
  • Duración 95 minutos
  • Numerada Si

ENTROIDAR

Galicia, 2020 - 72 minutos. Director: Pablo Cesc Marco.

Entroidar é un documental que se asenta en tres piares fundamentais: os personaxes que fan Entroido, os lugares nos que se fai Entroido e a propia celebración do Entroido. Buscamos tombar mitos. Laza é un concello con múltiples lugares nos que tamén se celebra o Entroido. O Entroido non son soamente cinco días. Comeza dende o comezo do ano no que os chocos xa comezan a ruxir pola contorna. O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero tamén as formigas, as madamas, os maragatos... As figuras do Entroido, quen está detrás... Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás dos personaxes que se dan no Entroido.
O documental non consistirá nunha recompilación de declaracións, senón en realizar un seguimento de diferentes referentes desta celebración, e non soamente en amosar as imaxes que xa vimos na televisión, senón en coñecer as súas vidas, que é o que significa o Entroido para elas e eles. A condución da historia correrá a cargo dun “consello de sabios” que conversarán entre si para esclarecer e narrar o acontecer dos feitos.

NA PROCURA DA LUZ

Galicia, 2020 - 18 minutos. Directora: Rosa Taboada.

Curtametraxe documental sobre a figura de Luz Pozo Garza, poetisa galega, membro da Real Academia Galega, dos seus derradeiros anos vista polas persoas mais achegadas a ela, tanto no eido persoal coma da súa obra. Distinguida co Premio "Xohana Torres" 2021 polo Concello de Santiago de Compostela e a USC.

E SE NON É COVID?

Lugo, 2021 - 5 minutos. Director: Antonio Lence Castro.

Axudante de Dirección: Rocío Rodríguez Rodríguez.
Produtora: Gabrieles Enteléticos. Actrices: Sabela Vázquez Ramos, Paula Vázquez Ramos.

Este ano pasamos por experiencias estresantes e difíciles por mor da pandemia, confinamentos e cuarentenas están a orde do día pero non todo o mundo o leva da misma maneira. Pero... e se non é covid?

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!