CINE GALEGO SESIÓN IV

Cine

CINE GALEGO SESIÓN IV

CINE GALEGO

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
  • Duración 83 minutos
  • Numerada Si

PERSOAS S.A.

Galicia, 2020 - 25 minutos. Director: Carmen PG Granxeiro.

Reparto: Brais Papiri Villanueva, Daniela Fernández Pérez, Laura Bugalho, Sara Covas, Eric Dopazo, Paris Xácida Ceive, Marta Álvarez, Braulio Vilariño.

O colectivo LGBTIQ, e as loitas interseccionais que representa ou pode representar, pénsase nas charlas dos cafés, nas imaxes de arquivo, na manifestación pola lei trans estatal ou no medio dunha montaña, ao longo da historia e dos continentes, mentres tomas o aperitivo ou calcetas.
Para Brais foi importante conxelar óvulos antes do tratamento hormonal, para Laura non foi fácil medrar sendo lesbiana na Arxentina dos anos oitenta, Óscar non saíu do armario ata chegar á facultade, a Chartreusse gústalle empregar pronomes non binarios e Daniela acórdase da primeira vez que preguntou por Bibiana Fernández. Jeane fala desde unha perspectiva afrodescendente, Lalo lembra o París dos anos 70 e as loitas sociais galegas vinculadas ao movemento pola liberación sexual, Mariña non esquece as mortes no Campo Grande de Valladolid e as compañeiras que participaron na organización da primeira manifestación LGBT no estado falan desde Barcelona. Son moitas as voces non normativas e tamén cishetero que se mesturan para conformar un relato situado no cotián das nosas vidas, nun verán marcado pola pandemia.

CAMIÑO BRANCO

España, 2021 - 17 minutos.
Director: Santiago Teijelo.
Productora: Cistela Torres.
Reparto: Lidia Veiga, Kevin Lorenzo, Sara Ferro, Evaristo Calvo, Maria Costas.

Un día non recoñeces o que te arrodea; un día comezas a recibir só miradas de mágoa e compaixón; un día ti xa non es ti, aínda que non o saibas. Momentos, só pequenos momentos onde todo volve, onde espertas e lembras mais decátaste de que só molestas. Unha triste realidade agochada nunha controvertida historia de amor na que el está disposto a todo por manter viva a chama da súa relación aínda que finalmente só a axuden a ela a atopar unha nova onde nunca o pensaran. Ás veces, ata o mellor dos plans pode virarse na túa contra.

PAI NOSO

Galicia, 2020 - 20 minutos. Director: José Dopazo, Javier Rúa.

Reparto: Borxa Ínsua, Mercedes Blanco, Pilar Pereira.

Unha familia en descomposición, dous personaxes atormentados, traumas da infancia e unha casa en ruínas nun rural abandonado. Unha historia baseada nun feito real, un feito violento e desesperado. A usurpación da identidade dun defunto polos propios fillos.

CINERIS

Galicia, 2020 - 16 minutos. Director: Carlos Quirós.

Reparto: Fa Díaz Pérez, Viriato Riveiro, Mirlandy Hernandez, Elena Simón.

Como todas as noites de fin de ano, Aurora tomará as uvas co seu irmán. Aínda que esta vez será diferente. Vicente acaba de morrer.

SHARP-C760

Lugo, 2021 - 5 min.
Productora: DeusExMachina.
Director: Pablo Gonzalez Gómez. Actores: Chica: Alba Pereira Pontide, Muerto: Mario Pereira Goiriz, Conductor: Xoán Iago Cendán Muñoz, Asesino: Pablo González Gómez.

Un home que quere facer a película máis realista do mundo. Un bosque. Unha rapaza. Unha película da que non poderás escapar.

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!