CINE GALEGO SESIÓN III

Cine

CINE GALEGO SESIÓN III

CINE GALEGO

  • Campaña Ciclo de Cine de Autor de Lugo
  • Lugar Vicereictorado USC (ver mapa)
  • Duración 93 minutos
  • Numerada Si

CANIBALISMO

Galicia, 2021 - 14 minutos.
Director: Diego R. Aballe.
Reparto: Tito Asorey, Germán Prenta, Fran Nogueira.

Adaptación dun texto do dramaturgo galego Marcos Abalde, Canibalismo trasládanos a unha noite fría na que dous homes dan voltas no seu coche ata atoparse cun esmoleiro que dorme nun caixeiro automático abandonado. Un thriller sobre a natureza humana, o odio sobre o descoñecido, os xuízos morais e as certezas inmorais.

CABELO

Galicia, 2020 - 16 minutos
Directora: Beatriz Vilariño
Reparto: Cristina Anolvade, Julia Calvo, Marta Costas, Irene Veiga, Bais Abad, Pablo Díaz.

Laura descobre unha antiga caixa que contén varios recordos da súa infancia. Este achado abrirá unha porta na súa memoria cara un lugar descoñecido que a levará a comezar unha viaxe. Unha viaxe a través do espazo físico pero, sobre todo, a través do espazo da memoria e o espírito, provocando que todo o seu mundo mude.

BRÉTEMA

España, 2021 - 17 minutos. Directora: Gema Míguez Rodríguez.

Reparto: Luz Dossel, Diana Romahi, habitantes de Hernes (Negueira de Muñiz).

Tras infinitos camiños de terra, brumas e outeiros, habitan os herdeiros da filosofía de David Thoreau. Tres xeracións que sentiron a chamada cara ao salvaxe, camiñan de forma compasada na mesma dirección: volver conectar coa natureza.

SOMOS CÁRCERE

Galicia, 2021 - 14 minutos. Directora: Irene Pin.

Reparto: Sara Ferro, Fernando González, Andrea Peiteado.

Elba leva un tempo á deriva, deixándose arrastrar. Prometéranlle que a vida ía ser algo máis. Unha mañá érguese soa, espida, despois de rematar por enésima noite coa persoa equivocada. Cando quere marchar, descobre que Toni a deixou atada por accidente. Mentres agarda nesa claustrofóbica soidade, coa gata Mei por única compaña, Elba terá que enfrontarse ás súas pantasmas. Porque o peor cárcere está na nosa mente. As ruínas dunha relación son o punto de partida para explorar, desde a perspectiva feminina, as dúbidas e contradicións emocionais que supón o paso por outros afectos. Un tema urxente nesta sociedade de vínculos diluídos, que malia negociar constantemente os marcos, non reflexiona sobre as mudanzas que se están a producir.

CASA BONITA

Galicia, 2021 - 12 minutos. Directora: Paula Amor. Reparto: Lola Facal.

Na montaña. Na Costa da Morte. Unha anciá. Unha casa. Un computador. Un intento de comunicarse co exterior.

PERSOA, POBO, PAISAXE

Galicia, 2021 - 20 minutos.
Director: Daniel Perez Silva. Reparto: A pouca xente que queda.

Un pobo do rural galego. Algunhas das persoas que quedan nel. A incesante procura da beleza no cotián onde nunca ocorre nada. Ou si?

Precio:
  • Evento gratuito
Próximas sesiones:

Inicia sesión para comprar entradas

A través del siguiente formulario puede cambiar sus datos personales, recuerde utilizar un correo válido y no utilice espacio en su nombre de usuario.

(Utiliza esta opción únicamente se está utilizando o seu ordenador personal)

Olvidé contraseña

Regístrate para poder Comprar entradas

El registro es el primer paso necesario para poder comprar entradas a través de esta plataforma, pero además permitirá:

  • Tener acceso a todos los eventos
  • Comprar entradas con antelación
  • Tener un historial de los eventos
  • Compra rápidas sin esperas
  • Imprimir las entradas desde tu casa
  • Leer condiciones de uso
Si, deseo registrame!